AddEstra

Adestrador de procedemento cirúrxico
mediante fabricación aditiva.

Desenvolvemento dun prototipo personalizado, empregando tecnoloxías de fabricación aditiva, para a planificación cirúrxica e comprensión detallada da anatomía nun caso de sarcoma de Ewing localizado no peroné distal con afectación da tibia adxacente.

Obxectivos:

— Desenvolver un prototipo tridimensional preciso e personalizado que represente fielmente a anatomía específica dun caso de sarcoma de Ewing.

— Empregar tecnoloxías de fabricación aditiva para mellorar a eficiencia e a precisión do procedemento cirúrxico, reducindo o tempo de intervención e minimizando os riscos asociados.

Proxecto seleccionado segundo a Resolución do 12 de maio de 2023 da Dirección Xeral de Formación Profesional pola que se resolven os premios para o desenvolvemento de proxectos de innovación tecnolóxica ou científica e proxectos de innovación didáctica no ámbito da Formación Profesional en centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades convocados na resolución do 23 de xaneiro de 2023.

Entidades colaboradoras

01

Kune Implants.
DQbito Ingeniería Biomédica, S.L.

02

Inmake Studio, S.L.

03

Galician Medical Manufacturing, S.L.

Outras entidades colaboradoras

01

4ojos estudio

02

Costa.

Mención especial

Unidad multidisciplinar de Sarcomas y Tumores Músculo-Esqueléticos del Hospital General Universitario Gregorio Marañón de Madrid

Un proxecto de innovación do CIFP Someso